Custaba máis que un piso na época e aínda se conservan distintas unidades en estado de museo, como a que teñen os irmáns Juan e Antonio Cancela Sánchez en Carballo. Unha unidade que ten o chasis número 0030 das fabricadas na FASA de Valladolid.
Iago Lorenzo localizou unha unidade das últimas da FASA. Levaba máis de trinta anos no terceiro soto dun garaxe, pechado con porta independente, no centro de Ourense. Agora vaise para o norte de Europa, a vivir unha segunda oportunidade.
Baseouse no 924, pero o 944 tiña identidade propia e o último en tecnoloxía da época. O ourensán Íñigo Vila lembraba a unidade que tivo o seu pai nos oitenta e buscou por media España un igual ata que o conseguiu, co mesmo motor, cor e equipamento.
Robusto, sobrio, eficiente e sen luxos. Así son os cualificativos dos primeiros modelos. Ricardo Montañés utiliza un Serie III de 1983, que se matriculou ao servizo dunha empresa de alugueiro de coches en Baleares, para atender a súa explotación de gandería no municipio ourensán de Ramirás
O edificio de Correos de Ourense acolleu unha interesante mostra na que coches clásicos son os protagonistas de selos e billetes de lotería. Modelos de Seat e Mercedes lucían nas estampillas.
Fabricado entre 1967 e 1983, cunha produción de case millón e medio de unidades, quedan aínda moitos Dyane 6 moi ben conservados, como o herdado por Breogán Vázquez en San Cristobo de Cea, Ourense.
Máis de medio século de vida dá para moito. O Mini foi unha revolución en 1959 e segue tendo miles de seguidores. Un coche rompedor no que o ourensán Brais Ansia sente «como un rei» cada vez que o conduce.
Unha capacidade limitada con 250 cadeiras, mesas e incluso manta facilitada pola organización para levar ben as baixas temperaturas e humidade dá noite son as claves do éxito dunha actividade que cobre as entradas nada máis saír á venda
O corpo policial leva uns anos restaurando algúns dos coches patrulla máis emblemáticos da súa historia como unha seda, iniciada co Seat 1400. Hai uns días, catro unidades recuperadas visitaron as instalacións do recinto feiral ourensán, Expourense.
José Luis Álvarez rescatou en Ramirás (Ourense) un Seat 1430 de 1973 que levaba parado desde 1994 e era dun emigrante que só lle daba uso unha vez ao ano. Está en estado orixinal, fóra das lamias. Un coche que triunfou no asfalto e nas competicións.