Elena González
Elena González
Elena González

Presidenta da Federación de Asociacións de Pais Miguel Virgós 

Presidenta da Federación de Asociacións de Pais Miguel Virgós 

Últimos artigos publicados

01 ago 2000

Os cans tamén son para o verán

As multas por abandonar un animal poden ir desde as 250.000 ata os 3.000.000 de pesetas, segundo a comunidade autónoma Linda, Darko, Kafka, Lúa...non son actores de cine, se non cans, que poden ser abandonados en calquera momento. Agasallo de reis, capricho do «neno» ou animal de compaña. O problema vén cando empezan a crecer, enchen de pelos a casa, os veciños quéixanse e ademais hai que vacinalos, pasealos e darlles para comer. Como cada ano, por estas datas aumenta de forma considerable o número de cans abandonados, non sólo na comunidade galega se non en toda España. A vicepresidenta da sociedade protectora de animais Fundación Matilde Figueroa afirma que «a xente se ten que responsabilizar de que o animal é unha vida». Unha vida que ás veces se deixa abandonada en metade da estrada.

ELENA GONZÁLEZ

18 jul 2000

A comunidade galega é a máis coñecida e mellor promocionada a nivel nacional

Un estudo analiza a proxección e aceptación social das autonomías fóra do seu ámbito xeográfico Galicia encabeza a lista das comunidades máis coñecidas e con maior grao de aceptación fóra do seu ámbito xeográfico, segundo un estudo da empresa Ibecom, Ibérica de Comunicación, Análise e Información. Valencia, Asturias e Madrid atópanse tamén entre as autonomías mellor valoradas, mentres que Estremadura, Ceuta e o País Vasco ocupan os últimos postos, cunha imaxe «mala» para o resto das comunidades. Galicia é ademais un dos destinos preferidos para visitar.

ELENA GONZÁLEZ