Senén Rouco

Últimos artigos publicados

26 mares 2024

A tecnoloxía ao servizo da xeración renovable

Iberdrola situará na central hidroeléctrica de bombeo de Santiago Sil-Xares, situada no municipio de Vilamartín de Valdeorras, unha batería de cinco megawatts á hora que optimizará o seu funcionamento. O proxecto, clave na integración das renovables, reforzará a aposta da compaña pola zona. "Os sistemas de almacenamento hidroeléctrico, tal e como subliña Miguel Ángel López -responsable de Xeración Sil-, son a única modalidade con capacidade suficiente para poder integrar o resto das tecnoloxías renovables e evitar así as desconexións deste tipo de instalacións, como estivo sucedendo cos recursos eólicos ou como pasa tamén coa enerxía solar".

Álex López-Benito / Senén Rouco

29 feb 2024

Mariví Álvarez, en «De 0 a 100»: «Desde Tomiño podemos servir en Berlín unha das nosas 3.000 plantas en só 72 horas»

Coplant xurde da unión de viveiros da comarca de Baixo Miño para dispoñer dunha plataforma loxística e comercializadora que dea saída á planta ornamental que cultivan. Dispoñen de 3.000 referencias diferentes e, cada ano, 6 millóns de plantas saen das súas instalacións para ser vendidas, a metade delas exportadas no continente europeo. «Estamos preparados para seguir medrando ata un 30% máis e caracterizámonos polo just in time. Se pides unha planta nos países de Europa nos que estamos presentes chega en arredor de 72 horas», sinala Álvarez. Ante alumnos de bacharelato defendeu a importancia do sector primario na comarca, que serve para «fixar poboación» e ofrece soldos e empregos de alta cualificación: «Dos 130 empregados de Viveiros Río Tollo hai perfís moi técnicos, cualificados e de enxeñaría, temos que erradicar a imaxe de que non é un sector moderno e de futuro».

Iago García / Álex López-Benito / Senén Rouco

16 feb 2024

José Manuel Núñez en «De 0 a 100»: «Hai moitos chourizos no Reino Unido»

55 anos de historia en constante evolución que foron resumidos polo conselleiro delegado de Torre de Núñez no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo grazas ao programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. A empresa naceu con Manuel Núñez e Asunción Torre indo casa por casa polas matanzas. Recollían os mellores produtos e vendíannos nas feiras. En moitas. En Galicia e nas comunidades limítrofes. Co paso do tempo completaron o negocio cun hotel na cidade luguesa. No século XXI convertéronse en fabricantes e foron medrando ata chegar ás actuais cifras de negocio. Son líderes en vendas de produtos cárnicos do porco no noroeste peninsular e pecharon o 2023 con 40 miilóns de euros de facturación. Ademais da sede en Conturiz, na cidade amurallada, as súas instalacións de O Corgo teñen capacidade para secar a abraiante cifra de máis de medio millón de xamóns cada ano. Actualmente case 2 de cada 10 produtos que venden, fanno no estranxeiro. E o obxectivo é seguir aumentando as cifras de negocio, a pesares de que o aumento de custo das materias primas nos últimos tempos non llo pon fácil. «Para nós o aumento dus custos está no 22% e tan só subimos as nosas tarifas un 8%», indica José Manuel Núñez, director xeral da empresa.

Iago García / Senén Rouco / Álex López-Benito

25 ene 2024

Bonilla á vista en «De 0 a 100»: «Axustamos ao máximo a nosa marxe para soportar a brutal subida do aceite de oliva»

O director de márketing da empresa, Diego Armando García, compartiu cos alumnos do IES de Sabón no programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación a fórmula do éxito dun negocio que comezou en Ferrol hai case un século e que hoxe dende Arteixo coloca patacas fritas fieis á receta orixinal en 25 países diferentes

Iago García / Senén Rouco / Á. López-Benito

18 ene 2024

Chema Lorenzo: «En Hauss preferimos falar de casa industrializada, non prefabricada»

José María Lorenzo, exalumno do IES Salvador de Madariaga da Coruña, explicoulle a alumnos de bacharelato do centro os segredos da construción de vivendas grazas ao programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. Foi fundador en 2016 de Hauss Arquitectura Modular, que con sede en Arzúa fai unha decidida aposta polas casas de alta calidade, con procesos implementados en serie nunha fábrica e cumplindo esixentes controis de calidade. «Nós preferimos falar de vivenda industrializada, non prefabricada, porque esa definición ten connotacións negativas que no noso caso non existen», sinala aludindo aos procesos de construción. Precisamente eses procesos, testados e estudados a nivel industrial, eliminan boa parte dos problemas que poden darse precisamente en Galicia por humidade, filtracións ou frío: «a capacidade illante das nosas viviendas e o seu nivel de impermeabilidade é sobresaínte». Esta excelencia provoca que estas casas non sexan máis baratas que as «tradicionais». Tampouco evitan que haxa que cumplir con toda a tramitación e permisos. Pero sí que está asegurado que o cliente non terá imprevistos en ningún momento do proceso, sendo esta a principal vantaxe: «Ti, como se dun coche se tratase, escolles como queres o teu modelo, sendo sempre o noso de gama alta e terás un prezo definitivo cun prazo de instalación na parcela asegurado»

Iago García / Senén Rouco / Álex López-Benito

24 ene 2024

Gonzalo López, de Calzados Losal: «Hai futbolistas de Primeira que son fans do noso dobre cosido»

O xerente da empresa monfortina, tataraneto do fundador, falou en «De 0 a 100», o programa que La Voz realiza en colaboración coa consellería de Educación, dunha traxectoria de 125 anos coma referente na fabricación de zapatos. Entre a clientela de Calzados Losal figuran «xogadores do Atlético de Madrid, o presidente do Real Madrid e algúns outros cargos importantes como Sarkozy»

Iago García / Senén Rouco / Á. López-Benito