A Elvira Furelos nunca se lle acaba a batería; máis ben recárgaa ela na súa contorna. Relacións públicas, empresaria, socia, nai, esposa, amiga, soñadora incansable e tenaz, empeñouse en conseguir que os galegos xerasen na súa terra o valor engadido que ela lles vira crear fóra; e así foi como unha nena de aldea púxose a facer branding. En realidade, ela é a súa propia marca.
Susana Luaña