O fotógrafo taboadés Xosé Manuel Otero presenta o seu novo libro, «Lugo terceiro milenio», con máis de 300 instantáneas que documentan un momento histórico a través de escenas de vida cotiá, tradicións, festas, personaxes ilustres e grandes mobilizacións sociais
Acaba o Festiblas en Lugo; Abe Rábade actúa en Castro de Rei; Portomarín celebra os seus Cantos de Taberna; Concentus Lucensis abre ciclo na Catedral, e Cantigas e Frores festexa a Feira do 48
Abren na cidade novas exposicións: Afundación presenta imaxes premiadas nos Comedy Wildlife; o Museo, unha colección de bienes de medición do tempo; e o artista Fran Bobadilla encara a primeira parte de «Genius Loci», cunha intervención na Muralla
Máis de sesenta postos de artesanía e gastronomía, música, exposicións, presentacións de libros, degustacións e demostracións de oficios tradicionais encherán de vida a décimo cuarta edición da feira, que se celebrará este sábado, día 26
O escritor berciano Pepe Gómez publica o seu primeiro libro, «Cando o Camiño Mata», cunha trama rodeada de misterios e intrigas, e situada en localidades como Sarria, Triacastela, O Cebreiro ou Portomarín. O sábado 26 presentará a súa obra na Feira de Artesanía de Triacastela
Volve o ciclo «1/2 hora de poesía» á Despensa do Saa, que abrirá coa intervención de Brenda Mondelo o 24 de outubro. «Estes recitais moven moita xente, auténticos gozadores da cultura; a verdade é que demos no cravo con este formato tan novidoso», explica José Estévez, un dos impulsores da iniciativa
Lugo súmase o venres 25 á Noite Galega dás Persoas Investigadoras, un evento europeo de lecer e divulgación científica no que haberá actividades gratuítas para todas as idades
O alcalde, José Luis Raposo, dá conta de todos os detalles dunha cita gandeira que reunirá o domingo, día 20, exposición de gandería, concurso, poxa de rubia galega, premios e música con Louband
A capital acolle o Caudal Fest, ademais doutras actuacións, e Guitiriz, o Festival Cine de Música. Tamén haberá actuacións teatrais, literatura e artesanía
A artista lucense Dolores Guerrero presenta na Capela de Santa María, ata o 24 de setembro, unha exposición de pintura, escultura e ata un orixinal vestido de noiva elaborado cun plástico de invernadoiro que levaba seis anos enterrado
A artista visual de Meira Catase Rego inaugura a instalación «Partir / Cortar / Riscar» en Solaina2, unha zona da galería de arte que só se pode contemplar desde a rúa
A Rede Museística Provincial de Lugo presenta o proxecto «21 S(empre)», no que 33 artistas unen o seu talento e sensibilidade para visibilizar o alzhéimer e reivindicar os dereitos dos enfermos e as súas familias: «Os museos non son só lugares onde se conserva o patrimonio; son espazos vivos que deben estar ao servizo das persas»