A fotógrafa estadounidense Matilda Anderson(1893-1983) realizou varias viaxes entre 1924 e 1930 para documentar o modo de vida rural de España, Portugal e o norte de África como encargo dA Sociedade Hispánica de América, para a cal traballaba. Chegou a facer máis de 14.000 fotografías ao longo deses anos. Entre os seus destinos, chegou a pasar por Asturias, fotografando varios pobos e aos seus habitantes. Algúns deles foron Cangas del Narcea, Cudillero, Oviedo, Cangas de Onís e Llanes. Estas son algunhas das fotografías que tomou no seu paso polo Principado, onde queda constancia do modo de vida, festas e vestimentas dos asturianos daquela época. Co obxectivo de inmortalizalas, a Hispanic Society Museum & Library dixitalizou as fotografías. Toda unha xoia fotográfica que fala por si mesma.
Daniel Coro