Roma é a miña capital europea preferida. Conxúgase para iso a súa espectacular riqueza monumental e a cantidade de recunchos bonitos co feito de que culturalmente síntome moi a gusto e teño, ademais, moi bos amigos
Ao aterrar en Jeddah (Arabia Saudita), tras ver no formulario de inmigración con letras vermellas grandes a advertencia de que a posesión de calquera cantidade de droga carretaba pena de morte, déronme ganas de cachearme a min mesmo
Moitas veces pregúntanme que como manteño sempre o peso, e a razón é que nas viaxes ás veces fago xaxún involuntario, unhas veces porque teño tantas actividades que non me dá tempo e outras porque non me gusta nada do que me dan
Os españois nisto dos bicos somos unha cultura intermedia, e os galegos, un pouco escasos na miña opinión. Damos bicos ao vernos e despedirnos, pero só cando nos imos por un tempo