30 abr 2026
Inauguración de «Nikola Tesla. O xenio da electricidade moderna»
A exposición, que poderá verse ata o 10 de xuño de 2026 no Paseo do Parrote da Coruña, realiza un percorrido cronolóxico pola súa vida e polos avances tecnolóxicos que marcaron a súa traxectoria. A mostra inclúe módulos electromecánicos para que os visitantes poidan observar en funcionamento os principais inventos de Tesla, pai do motor de indución, o desenvolvemento da corrente alterna como fonte de enerxía e a transmisión inalámbrica de enerxía e información.