As auténticas filloas galegas

Descobre como facer esta típica sobremesa galega, ideal para calquera época do ano


As filloas son unha sobremesa tradicional galego que normalmente adoita facerse en Entroido, pero calquera época é boa para deleitarse con este doce. Existen tantas versións de filloas como comarcas ten Galicia, e é que todo dependerá do tipo de ingredientes que usemos. 

Antigamente, chegaron a ser as substitutas do pan, polo que hoxe en día é común atopalas tanto acompañando un cocido como servindo de sobremesa, xa que segundo o aderezo que escollamos poden ser doces ou salgadas.

Ingredientes
250 gramos de fariña de trigo
4 ovos
500 ml de leite
200 ml de auga
50 gramos de azucre
Un chisco de sal
Un anaco de touciño ibérico ou aceite de oliva (para untar a tixola)
Instrucións
  1. Nun bol grande, tamiza a fariña para asegurarche de que non haxa grumos.

  2. Agrega un chisco de sal e o azucre á fariña tamizada e mestura ben.

  3. Noutro bol, bate os ovos e logo engade o leite e a auga. Mestura ata que estean ben combinados.

  4. Aos poucos, agrega a mestura de ovos, auga e leite á fariña, batendo constantemente para evitar grumos. A consistencia da masa debe ser similar á dunha crema líquida. Deixa repousar a mestura na neveira durante polo menos unha hora.

  5. Quenta unha tixola antiadherente a lume medio e úntala cun pouco de touciño ou aceite de oliva.

  6. Verte un cucharón de masa na tixola quente e esténdea para que quede fina e uniforme.

  7. Cociña a filloa durante aproximadamente 1-2 minutos por cada lado, ou ata que estea dourada. Repite o proceso co resto da masa.

  8. Serve as filloas quentes. Podes espolvorear azucre por amais , dobralas en triángulos ou enrolalas cun pouco de mel, marmelada ou crema de chocolate.

Votación
45 votos
Comentarios

As auténticas filloas galegas