Pizza caseira

O ritmo frenético do día a día sérvenos para enganarnos e pospor tarefas, pero a corentena fixo saltar as prioridades polo aire: se sempre quixeches preparar este prato italiano desde cero é o momento. Un experto na materia dáche as claves para que che saia de dez


Son días para innovar na cociña. Sobre todo aqueles que xa empezan a notar os danos colaterais da corentena: o cansazo que fai que un vaia directo a os ultraprocesados, a inquedanza que busca desesperada o doce... Non nos imos a enganar; o da operación verán vai ter que agardar por aquilo de que prima darlle unha alegría ao corpo; pero esta felicidade pode chegar de diferentes xeitos, e algunhas son máis saudables que outras. Sen ter intención algunha de rexeitar pratos tan apetecibles como unha pizza, por que non preparar unha masa caseira? Mataremos o tempo xa de seu defunto e aproveitamos para evitar eses aditivos que non sabemos nin pronunciar. Por non falar de que os toppings corren da nosa conta. A pracer, que diría Bunbury.

Pé de foto. Firma

O paso a paso

Opelouro

Para meternos en fariña contamos coa axuda de Opelouro , un mestre na materia que fai as delicias das súas máis de 31.000 seguidores en Instagram coas súas didácticas receitas. Estas son, segundo o experto, as claves (e os ingredientes) do éxito dunha boa masa de, neste caso, dúas pizzas.

Ingredientes
300 gramos fariña forza
50 gramos fariña integral
215 gramos auga
20 gramos aceite oliva virxe extra
7 gramos de sal
5 gramos fermento fresco
Instrucións
  1. Mesturamos todos os ingredientes e deixamos repousar. Media hora despois encartamos a masa; é dicir,dobrámola sobre se mesma para que desenvolva certa tensión.

  2. Podemos repetir ese movemento un par de veces ou tres durante o tempo de fermentación. En caso de querer facelas ao mediodía, pódese amasar pola mañá ás 9 e ao mediodía terás a masa lista para preparar.

  3. Tamén podes optar por metela no frigorífico e deixala que fermente na neveira ata o día seguinte. Desenvolverá máis sabor aínda pola lenta fermentación.

  4. Media hora antes de facer a pizza acende o forno a lume de biqueira e divide a masa en dúas. Déixaa que repouse esa media hora dividida.

  5. Pasado ese tempo estíraa, preferentemente coas mans.

  6. Ponlle aquilo que máis che guste, neste caso eu engadiríalle a unha delas leva allo confitado, anchoas, tomates Cherry e orégano. Á outra lle poría berenjena, queixo galego, toque de mel e alfabaca fresca.

  7. Ao forno ao máximo 5 ou 10 minutos dependendo da potencia e lista para comer.

     

Votación
7 votos
Comentarios

Pizza caseira