Muffins de cabaza e pebidas de chocolate

As hortalizas dan un sabor incrible aos biscoitos, proba a engadirlle cabaza aos teus almorzos e ás túas sobremesas e non te arrepentirás

Racións10-12 muffins

Hoxe propóñovos que aproveitemos que é tempada de cabazas para elaborar esta ricísima receita. Non sei se tivestes a ocasión de probar xuntos a cabaza e o chocolate, pero é unha combinación incrible. Eu cada vez son máis fan de incorporar hortalizas aos biscoitos, dálles unha humidade incrible

Ingredientes
325 gramos de fariña
150 gramos de azucre moreno
2 culleradas de fermento químico
Medio cucharadita de bicarbonato
Un chisco de sal
2 cucharaditas de canela
Media cucharadita de noz moscada
1 iogur grego azucrado
200 gramos de puré de cabaza
2 ovos
80 gramos de aceite de xirasol
4 cuharadas de leite
50 gramos de chips de chocolate + extras para decorar
Instrucións
  1. Prequentamos o forno a 180º e preparamos as nosas cápsulas nunha bandexa de cupcakes/muffins. Se as nosas cápsulas son ríxidas, non é necesario utilizar bandexa.

  2. Mesturamos nun bol os ingredientes secos (fariña, azucre, fermento, bicarbonato, sal, canela e noz moscada).

  3. Noutro bol batemos o iogur, o puré de cabaza, os ovos, o aceite e o leite ata que se integren.

  4. Incorporamos os ingredientes secos en dúas quendas e mesturamos xusto ata que se integre todo ben, sen sobrebatir a mestura. Engadimos os chips de chocolate e distribuímolos ben pola masa.

  5. Vertemos a masa nas cápsulas e decoramos cuns chips de chocolate na parte superior. O máis práctico é distribuír a masa cun servidor de xeados, xa que desta forma asegurámonos de que todos os muffins teñan o mesmo tamaño.

  6. Enfornamos durante 23-25 minutos ou ata que ao picar cun escarvadentes, este saia limpo.

  7. Deixamos arrefriar sobre unha reixa.

Autor Eva Salorio Esta coruñesa é a autora do blogue www.conaromadevainilla.com e do Instagram foodie @conaromadevainilla, que ten case 29.000 seguidores.
Votación
43 votos
Comentarios

Muffins de cabaza e pebidas de chocolate