Estas son as dietas máis recomendadas para perder peso no 2020

L. G. V.

MÁIS ACTUALIDADE

O Insituto Médico Europeo da Obesidade ditou sentenza cos que, considera, son os cinco medelos de alimentación máis recomendables para eliminar  uns quilos de forma saudable

21 ene 2020 . Actualizado ás 21:10 h.

Non é doado separar o gran da palla en materia alimenticia; campo infestado de contos e medias verdades. Por iso, o Instituto Médico Europeo da Obesidade (IMEO) lanzou as cinco dietas máis recomendables para seguir de xeito máis ou menos estrito se un quere perder peso sen abandonar un estilo de vida saudable. Aseguran desde este organismo que seguindo estes estilos alimentarios un pode desfacerse de ata 6 quilos ao mes.

«Método evolution»

Trátase dun plan de alimentación que permite perder 5 quilos de graxa ao mes e que está orientado a favorecer o uso de graxa como fonte de enerxía, a través da toma de alimentos de baixo e medio índice glucémico para estabilizar os niveis de azucre en sangue, propiciar vitalidade e evitar sensación de fame; de cantidades adecuadas de proteínas que alimentan o músculo (carne, peixe, ovo e leite); graxas saudables (o aguacate e as noces son os exemplos clásicos); e alimentos de alta densidade nutricional como poden ser as froitas e verduras, os legumes ou os cereais integrais para descartar unha posible desnutrición.

«Realfooding»

O Realfooding invita a suprimir ao máximo os produtos ultraprocesados e o efecto adictivo que poida ter, pasándose a unha alimentación natural e saudable. Con esta dieta pódese perder entre 0,5 e un quilo á semana, e os seus seguidores dividen os alimentos en tres grupos en función da súa natureza, calidade nutricional ou a presenza de ingredientes procesados e aditivos.

O primeiro, e o que hai que ter máis en conta, está composto por froitas, verduras, hortaliza, legumes, peixes, mariscos e ovos; o segundo por leite UHT (que estivo sometida a un proceso de ultrapasteurización), aceite de oliva virxe extra, peixes enlatados ou pan cento por cento integral. Para rematar, o terceiro grupo fórmano refrescos, lácteos azucarados, snack salgados ou bollería; e debemos manternos o máis lonxe posible do mesmo.

Dieta volumétrica

Seguida pola actriz Anxelina Jolie, permite tamén perder entre 0,5 e 1 quilo á semana. A vantaxe desta dieta é a súa capacidade de acougar o apetito e cubrir os requirimentos nutricionais diarios, para o que recorre ao sabor, textura, forma de preparación e combinación de determinados alimentos que aumentan a sensación de saciedade.

En concreto, nesta dieta priorizar os alimentos e cociñados máis acuosos: as infusións, os cereais cocidos, froitas, hortalizas, sopas e guisos; substitúense os alimentos con alta densidade calórica (maionesa, crema embutidos ou lácteos enteiros) por lácteos desnatados, pito sen pel, carne magra e aderezos light e. Tamén debe evitarse o consumo de hidratos de carbono de absorción rápida como patacas ou cereais refinados e os seus derivados (pan branco, pastas e arroz branco). Ademais, esta dieta recomenda beber dous vasos de auga nada máis levantarse e acadar os tres litros ao día, podendo optar por zumes de froitas ou batidos.

Dieta vegana

Brad Pitt ou Natalie Portman son algúns dos famosos que seguen a dieta vegana, a cal ocupa o posto catro da lista do IMEO, xa que permite perder entre 1 e 2 quilos á semana. Trátase dunha dieta baseada na exclusión de todo tipo de carnes, mariscos, ovos e todos os seus derivados. No entanto, a clave do éxito reside nun seguimento profesional realizado por sanitarios cualificados, onde se asegura unha suplementación adecuada baseada en preparados de orixe vexetal.

Xaxún intermitente

Conta con seguidores como os actores Ben Affleck e Elsa Pataky, e consiste en introducir períodos de xaxún dentro dunha alimentación equilibrada que poden durar 12, 16 ou máis horas ao día, sen superar nunca as 48 horas seguidas. O obxectivo desta dieta, que permite perder entre 1 e 2 quilos á semana, é que o metabolismo optimice o consumo de enerxía almacenada en forma de graxa. «Agora ben, se se practica xaxúns intermitentes, é moi importante ter unha inxesta de nutrientes adecuada ao longo do día para non perder masa muscular ou expor a risco a nosa saúde cun efecto rebote a curto e medio prazo», avisaron desde IMEO.