00031686734661442387680
00031686734661442387680

Xeitos de cortar unha mazorca con facilidade

TRUCOS

Pexels

O millo é un alimento nutritivo e moi versátil á hora de cociñar. Ensinámosche trucos para aforrar traballo ao momento de preparalo

14 jun 2023 . Actualizado ás 16:53 h.

Jefferson Perleberg

O millo é un dos alimentos máis consumidos ao redor do mundo. Este vexetal non contén gluten, así que é perfecto para celíacos e intolerantes. Achega bastante enerxía, uns 100 gramos de millo cocido conteñen aproximadamente 109 calorías. Ademais, varios estudos demostraron que o millo cocido é fonte de antioxidantes e por ser baixo en sal axuda no control da presión arterial.

Pero se á hora de cociñalo non sabes como pelalo para aproveitar ao máximo os seus grans, en Sabe Ben che ensinamos algúns trucos para aforrar traballo á hora preparalo.

Quitar as follas da mazorca

Se non queres complicarche, podes comprar no supermercado o millo xa pelado, ou enlatado, suxerímosche a mazorca natural, polo seu rico sabor. O proceso de quitar as follas parece lioso, pero en realidade é moi sinxelo.

O primeiro truco para sacar as follas é pór o millo por trinta segundos no microondas. Despois cortaremos cun coitelo afiado a punta de abaixo, a parte da raíz, preto de 2 cm. Así o millo sairá facilmente da folla e sen ningún pelo.

Jefferson Perleberg

Se non tes microondas, podes facer o noso segundo truco: cun coitelo corta de forma horizontal 2 centímetros as dúas puntas do millo con follas. Logo feixe outro corte no sentido oposto ao que fixera (verticalmente de punta a punta). Agora, dunha soa vez, saca as follas con facilidade. 

Jefferson Perleberg

Pelar o millo

Existen produtos específicos para pelar o millo e poder sacar os grans enteiros, podes  atopalos en Internet ou en calquera tenda de utensilios do fogar. Se non tes ningún destes aparellos cun coitelo será suficiente.

Para iso colleremos un trapo que estenderemos sobre unha superficie firme, coloca o millo de forma vertical sobre o trapo e co extremo máis fino da mazorca apoiado sobre a superficie iremos cortando de arriba cara abaixo os grans. 

Preservar o millo

No caso de ter moito millo pódelo conxelar, desta forma non se estraga nin perde nutrientes. Para iso a mellor opción é cociñalo previamente mediante vapor, así se manterán os grans ben hidratados. Despois deixa arrefriar e colócaos en bolsas con peche hermético, así se conservarán no conxelador durante todo o ano. Tamén podes cortar e conxelar o millo cru.