Historia e curiosidades sobre a Pizza

P. S. C

SABE BEN

Pexels

O 9 de febreiro celébrase o Día Internacional da Pizza, por iso recompilamos unha serie de datos curiosos sobre o prato máis internacional do mundo

09 feb 2024 . Actualizado ás 14:35 h.

A primeira vez que se rexistra a palabra pizza escrita remóntase ao 997 d.C, nun texto en latín atopado ao sur de Italia, hai varias teorías sobre a etimología da palabra, unha delas, apoiada polo Oxford English Dictionary, é que vén do alemán antigo «bizzo», que significa bocado. 
E é que sin duda, a pizza hase convertido no bocado máis coñecido do mundo, sendo un dos pratos favoritos de moitos e con infinitas versións. 
Moitos historiadores teñen a teoría común de que a pizza naceu en Nápoles nalgún momento do S. XVI, pero tamén existe constancia de que xa na antiga Grecia xa se servían pans planos decorados con herbas, allo, cebola e especias ou que os persas tomaban pan plano con queixo fundido e dátiles amais .

Sexa como sexa, os pans planos dos que procede a pizza son pratos típicos na cociña mediterránea: focaccia, cocas, o pan de pita… Sendo, de todos eles, a pizza o máis popular. 

Freepik

Curiosidades sobre a pizza

  • Unha das que máis adoita chamar a atención daqueles que non o saben, é que o tomate foi unha incorporación posterior, xa que antes do século XVI críase que este era venenoso e non foi ata o Século XVI que nos arrabales de Nápoles, comezouse a incorporar o tomate. Considérase que, por innovar, comezouse a cociñar con salsa de tomate, e así naceu a pizza tal e como a coñecemos actualmente
  • Antes de que isto pasase, consumíase a pizza branca, é dicir, pizza con allo, perexil e aceite de oliva
  • Hai algúns historiadores que creen que a idea de engadirlle salsa de tomate foi idea dos vendedores de pizza para poder facer competencia aos vendedores de spaghettis . Sexa como for, agradecemos enormemente a idea
  • A pizzería Port'Alba, en Nápoles, é considerada a primeira pizzería do mundo, comezando as súas andainas en 1738, cando vendían pizza para os viandantes e engadindo mesas e camareiros en 1830. Desde entón, seguen elaborando e vendendo as súas pizzas baixo a mesma premisa. Talvez é por isto que se considera aos napolitanos os máis estritos no que a elaboración de pizza se refire. Hainos que consideran que as pizzas orixinais, margherita e marinara son as únicas pizzas que se deberían vender xa que son as máis antigas
  • Foi a partir da IIGM, debido á emigración dos napolitanos polo resto do territorio italiano, que a pizza se comezou a facer popular por todo o país, xa que antes se consideraba unha especialidade de Nápoles
  • Tamén foi debido aos inmigrantes napolitanos que a pizza chegou a EEUU e Arxentina, países nos que desenvolveron estilos típicos propios como a pizza á grella en Arxentina ou a pizza ao estilo Chicago en EEUU
  • No mundo véndense ao redor de 7 miles millóns de pizza anualmente
  • A UNESCO considera a pizza napolitana Patrimonio Inmaterial da Humanidade desde o 7 de decembro de 2017
  • A pizza máis cara do mundo está feita con fariña biolóxica certificada, sal rosa australiano, lagosta vermella, tres tipos de caviar, ovos de peixes, lagostinos de Cilantro e Cognac, a súa masa está elaborada 72 h antes do seu consumo e costa nin máis nin menos que a friorenta de 8300.
  • É o alimento máis consumido do mundo e segundo os estudos, o sábado é o día favorito da maioría de xente para consumila
  • A ocorrencia de botarlle piña á pizza foi dun canadense, a idea de chamarlle hawaiana? supomos que tamén

Considérasche un pizzaholic? Sabías todas estas curiosidades sobre o prato por excelencia? Sexa como sexa, agardamos que este artigo che abrise o apetito e celebres o día de hoxe coméndoche unha deliciosa pizza como máis che guste. ¡Approfittare!