Esta casa é do século XVII, pero ten wifi (e adega)

J. M. Orriols

SABE BEN

Se nos achegamos a Santa Cristina de Cobres, ao fondo da ría de Vigo, e aloxámonos nos Areeiros, adega e casa rural, poderemos visitar lugares cargados de historia, como o castelo de Soutomaior ou a illa de San Simón, condenada desde sempre a ser un lugar cheo de misterio e dramatismo. E, pola noite, descansar e relaxarnos entre viñas, a beiras daquel mar ao que cantou Martín Codax

04 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O turismo rural é coñecer Galicia dunha forma diferente, mergullándonos nas raíces do noso pobo e aproveitando o legado dos antepasados. Con esta filosofía xurdiron moitas casas, casaróns ou pazos señoriales, que agora podemos gozar como turistas. E non podemos dubidar de que o éxito da viaxe está garantido: a casa que eliximos, como esta de Os Areeiros en Vilaboa, é do século XVII, ten viñas e adega e está estratexicamente situada, dacabalo entre as rías de Vigo e Pontevedra, moi ben comunicada a tan só 6 quilómetros da autoestrada.

con todas as comodidades

O antigo casarón está coidadosamente decorada, tratando de conservar todo o sabor dos tempos en que pertenceu a familias podentes da época medieval. Pero, iso tamén, empregando hoxe os sistemas máis modernos para facer a estancia agradable e confortable: salón con cheminea e televisión, salóns de lectura, comedor con capacidade máxima de ata 70 persoas, calefacción en toda a casa e conexión wifi gratuíta. Non dan comidas, pero se o almorzo, genuinamente galego. «Por agora non temos necesidade de restaurante -explica Beatriz Martínez, filla do propietario e encargada do aloxamento -porque os nosos visitantes chegan ata aquí coa idea de pasar todo o día fóra, visitando a zona, gozando das praias, dos monumentos e da gastronomía. O que se facemos é para grandes celebracións ofrecerlles a posibilidade de contratar un cátering». Este aloxamento conta con 10 cuartos dobres con baño e o seu prezo oscila «entre os 49,50 euros en tempada baixa e os 62,10 na alta».

Sen tempo que perder

E isto dígoo porque a propia Beatriz se encarga de informar do moito que se pode ver saíndo da súa casa «non soamente no que a visitas se refire -engade a responsable da vivenda- senón tamén en canto a actividades, como a práctica de deportes alternativos ou os carreiros para camiñantes que pasan por lugares cheos de beleza e de historia. Despois a descansar a pasear polos viñedos de albariño, caíño, garnacha tintorera e mencía, que están na propia leira; ou visitar a adega, catar os nosos viños, coñecer os métodos de elaboración e, se o desexan, mesmo pode levar unhas botellas de recordo. Vaia que, pola experiencia que temos, sempre repiten».

fálanos do mundo rural e do viño e así atopamos un hórreo convertido en escaparate ou unha entrada que conserva un vello lagar centenario. Pero tamén, comodidades todas, incluída esta ampla piscina.