Róubanlle o seu camión en Sarria e vólveno a deixar no mesmo sitio ao día seguinte
Un veciño da localidade sarriá denunciou este martes o roubo do seu camión, que lle faltaba desde a noite anterior, e cando os axentes foron comprobar os feitos decatáronse de que estaba aparcado de novo na súa nave