Estreado en 1971 e convertido en filme en 1978, o musical chega en marzo ao teatro Colón da Coruña enganchando «aos fillos dos que non naceran cando se estreou»
Leva máis dun cuarto de século contando «esas historias tan bonitas». E outras que non o son tanto, pero que na súa voz, paréceno. Activista do cotián, poeta do social, visita Galicia o 2 e o 3 de febreiro
Despídense da música logo de 34 anos en activo con dous concertos: na Coruña e en Santiago. A música tradicional galega débelles moitísimo do que hoxe é
O peche das salas Yelmo nos Rosales hai un ano foi o último gran pau que levaron os cinéfilos herculinos. O Teatro Colón comeza o 2024 dándolles unha boa noticia: o primeiro semestre volverá exhibir películas; neste caso, clásicos como «O apartamento» ou «Cidadán Kane»
Dará comezo o próximo 11 de xaneiro, e prolongarase ata o mes de xuño, facendo un repaso por seis das proxeccións cinematográficas mellor valoradas pola revista Sight & Sound