TEMA Audi

Últimos artigos publicados

17 nov 2024

Audi Q3 35 TFSI: gasolina e SUV en equilibrio

O modelo máis vendido de Audi en España no que vai de ano é o Q3, tanto con carrocería de 5 portas como a sportback, e por diante dos seus irmáns A3 e Q2.

Por Juan Torrón

15 sep 2024

Audi Q6 e-Tron: eléctrico con visos de rodador

O Audi Q6 e-Tron é o primeiro modelo eléctrico feito coa plataforma premium da marca, o que lle permite dispor dunha autonomía de ata 639 quilómetros. Xa está á venda desde 71.990 euros.

Por Juan Ares

11 ago 2024

Audi A5, o renacido

Poderiámolo chamar así, xa que o novo A5 é en realidade o antigo A4, porque agora Audi deixará os seus números pares para os seus coches eléctricos. Así que este A5 segue ofrecendo versións Sedan e Avant máis grandes e deportivas, con motores gasolina e diésel microhíbridos.

Por Juan Ares

16 jun 2024

Os Audi A3 renóvanse

Audi aborda a renovación dun modelo fundamental na súa gama, o A3, que agora exhibe unha nova carrocería Allstreet, e mantén a Sportback, a sedán e o S3.

Por Juan Ares

21 abr 2024

Audi: un punto máis no S3

Audi acaba de anunciar a chegada dun S3 en versións Sedan e Sportback, cunha potencia de 333 cabalos, unha condución máis deportiva que antes e un prezo desde 65.260 euros.

Por Juan Ares

17 mar 2024

Os Audi saben esquiar

Audi ofrece aos seus clientes diferentes experiencias de condución, como esta que se realiza sobre as pistas de esquí de Sierra Nevada, onde os Audi RS equipados con rodas de inverno demostran as súas cualidades sobre o branco elemento.

Por Juan Ares

19 nov 2023

Audi e-tron: GT, pero silencioso

Este turismo de cinco prazas e motor cento por cento eléctrico sitúase como un dos deportivos GT máis atractivos do momento. A súa aceleración de 0 a 100 km/h é de tan só 4 segundos.

Por Juan Torrón

23 abr 2023

Audi: camiño da electrificación

Audi anuncia que será no ano 2025 cando produza o seu último modelo con motor de combustión. Uns propulsores que se manterán na liña de montaxe ata o 2033. Pero será no ano 2026 cando todos os Audi novos sexan cento por cento eléctricos.

Por Juan Torrón