Manuel Moledo: «Organizando un cumio europeo de ministros ou actos para amigos guíame ser feliz e facer feliz»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Xoán Soler

Fue camarero en la discoteca Black del Hotel Peregrino. También, profesor de baile tradicional. Desde hace dos décadas organiza eventos, montando en el 2020 su propia firma y ya no dejando de trabajar. Su grupo de amigos no pasa desapercibido en Santiago con números como, en Navidad, el de 'Burbullas de Compostela': «Alucinamos ao ver que 100.000 persoas vían un dos nosos vídeos»

06 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras un final de junio intenso, en el que con su firma de eventos organizó parte de la campaña Compostela Diversa o del programa de San Xoán, Manuel Moledo ya piensa en septiembre. «Para ese mes prevemos un proxecto importante en Santiago. Comezaremos tamén a traballar fóra de Galicia», avanza sin dejar de sonreír. «A máxima que me guía é ser feliz e facer feliz aos que están preto, tanto sexa en cousas pequenas, con eventos de amigos, como organizando no Hostal un cumio europeo de ministros… Cando me preguntan se sempre estou de bo humor, xa digo que son así», muestra.

Nacido hace 57 años en Vigo, y criado en parte en Cangas —«Desa zona venme o apodo de Manolo, o Ghalleto»—, con 18, y tras optar por estudiar Xeografía, se trasladó a Santiago y ya se quedó. «Para min é unha cidade moi acolledora. Neses finais dos anos 80 tiña ademais unha oferta cultural apabullante, algo que en parte se perdeu», lamenta. «Mentres estudaba, tamén traballaba de camareiro en Black, na discoteca do Hotel Peregrino. Era un sitio moderno, de ambiente ecléctico e respectuoso con todos os ambientes, tamén cos gais», valora. «Neses anos, e logo de engancharme de mozo á musica tradicional, comecei tamén a bailar aquí na agrupación Brisas da Terra, pasando co tempo a dar clases de baile e pandeireta en colexios como en Pío XII, e noutros concellos, como en Outes ou en Boqueixón. Fixen de todo», reconoce riendo.

XOAN A. SOLER

«Entrei logo nunha empresa de eventos, Trevisani, quedándome xa no eido. Nela coordinamos actos grandes, como o Fórum Gastronómico e congresos como o da Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria, que trouxo a Santiago a 7.000 médicos», señala, y admite que la experiencia de 20 años le rebajó estrés. «Teño un punto de nervio, pero son tranquilo. Nos eventos o peor inimigo é o tempo, non poder atrasar nada.... É fundamental unha boa organización e saber dimensionar as cousas», razona.

«Aínda así, pásache de todo, como nun evento mundial con xefes de Estado en Baiona, ver que aparece máis xente da prevista na delegación rusa... Durante o bipartito, no meu primeiro acto coa Casa Real, non sabía como saudar aos reis e o final deilles a man. Nese evento un membro do goberno, a quen non lle gustaba o seu sitio, reorganizou toda a mesa para mirar para os monarcas. Foi no momento no que entraban eles e eu plantado no medio», prosigue.

XOAN A. SOLER

«No 2019 necesitaba un descanso e deixei o traballo, pero no 2020, dez días antes da pandemia, un bo proxecto animoume a montar unha firma propia. Chameina Aquelando polo de poñer ben as cousas... Quería o nome en galego por ser a miña lingua e porque clientes de fóra acostuman buscar firmas que coñezan o territorio», demuestra. «No 2022, e tras traballos puntuais, contactáronme do gabinete de Vicepresidencia do Goberno para levar a organización do cumio europeo de Empleo, de ministros de Traballo, que ía celebrarse no 2023 no Hostal dentro da presidencia de quenda de España na UE. En inicio ata pensei que era broma, pero querían unha axencia que coñecera Santiago, que soubese a que imprenta recorrer se había que imprimir algo ás 22.00 horas ou a quen do aeroporto chamar para que deixen entrar na sala de autoridades da terminal a un comisario europeo que non o solicitara», aclara.

«Nese cumio levamos a secretaría técnica, todo o deseño gráfico... Foi intenso, bonito, fluído... Traballar con gabinetes grandes é sinxelo porque vén todo marcado. Ti só tes que cumprir», asiente. «Foi simpático porque Yolanda Díaz, de quen era bo amigo durante a época universitaria, sorprendeuse ao ver que eu era o de Aquelando. Ao rematar o cumio, colleume e dixo que eu tiña que levar a todos a tomar unha copa. Iso si era presión. Pensei no pub Boneco, en Raxoi, e fomos alí. Imaxina a Thor, o dono, ao ver entrar a todos os ministros...», bromea.

En el plano personal, admite que sus eventos con amigos tampoco pasan desapercibidos. «Somos un grupo grande, que nos gusta divertinos, reclamando por redes sociais que volva ás Festas da Ascensión o posto dos Viños de Aragón ou vestíndonos desde o 2021 de dourado e facendo performances para brindar polo Aninovo. Eses números preparámolos o mesmo día da actuación. Polo meu pasado como profesor de baile, e visuaiizando facilmente como montalos, son eu o que dirixe a coreografía», explica divertido. «Alucinamos ao ver que un deses vídeos de "Burbullas de Compostela" o vían 100.000 persoas. A nosa idea é só, e sempre, pasalo ben», acentúa.