
Ou biólogo Xan Rodríguez Silvar impartirá unha conferencia
09 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.O ciclo de conferencias Contando Ciencia regresa a Fene, organizado pola biblioteca o Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración do Concello. Coordinado pola mestra Violeta Miraz Seco, xa este xoves ás 19.30 horas haberá un relatorio sobre o Museo da Natureza de Ferrol.
Co título de O Museo de Historia Natural Ferrol, un museo cidadá; intervirá o delegado da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), Xan Rodríguez Silvar.
O biólogo, naturalista e activista falará das orixes e da historia do museo ferrolán que naceu «como resultado da actividade de decenas de socios e que ten unha das mellores coleccións naturistas da Península Ibérica».