
As incidencias afectan as comunicacións entre números da compaña
17 oct 2025 . Actualizado á 21:02 h.Varios usuarios da compaña de telecomunicacións Orange reportaron este venres problemas coa rede, que non permite facer nin recibir chamadas entre números da compaña. As primeiras incidencias rexistráronse ao redor das 13.00 no sitio web de Downdetector.
Tamén a través de redes sociais varios usuarios indicaron que non era posible comunicarse por vía telefónica a pesar de probar solucións como reiniciar o dispositivo, pór e quitar o modo avión e volver colocar o cartón SIM. Tampouco se rexistraban as chamadas perdidas.
Ao tratarse dunha incidencia que afectaba só as comunicacións entre números da propia compaña, si era posible realizar chamadas a números doutros operadores e, en todo caso, a través de plataformas de mensaxería como WhatsApp.
Ao redor das 19.00 a compaña confirmaba a existencia da incidencia e indicaba que estaba a traballar nela. Dúas horas máis tarde, ás 21.00 anuniaba que estaba solucionada.