






As fortes precipitacións deixan avisos amarelos na Coruña, Pontevedra e A Mariña e na montaña de Ourense por neve
18 abr 2025 . Actualizado á 14:27 h.A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa para este sábado por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
O fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde mañá pola mañá na costa das provincias da Coruña e Pontevedra e prolongarase ata primeiras horas da mañá do domingo. Segundo os datos da Aemet, agarda vento do noroeste de forza 8 e mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros, aumentando de xeito temporal a oito metros mar dentro.
Na Mariña o nivel de alerta será amarelo por vento do noroeste de forza 8 e mar combinado do noroeste por ondas de ata cinco metros.
A Secretaría Xeral para o Deporte suspenderá o sábado a actividade deportiva federada no mar no litoral da Coruña e Pontevedra a causa da alerta laranxa por fenómeno costeiro, segundo as previsións. A limitación estará activa todo o día.
Haberá alerta amarela tamén o sábado por nevadas na montaña de Ourense debido a acumulación de neve de cinco centímetros en 24 horas por amais dos 1.100 metros.
O nivel de aviso será amarelo desde este venres ata a madrugada do domingo na Coruña, Pontevedra e A Mariña por fortes precipitacións. No noroeste, oeste e suroeste da Coruña e nas Rías Baixas e na zona do Miño de Pontevedra, a alerta amarela estará activa durante a xornada do sábado por refachos intensos de vento.
No resto de España, as frontes atlánticas traerán unha fin de semana de tempo inestable, especialmente na metade norte. As precipitacións máis significativas daranse en Galicia e o nordeste, especialmente en Pireneos e Cataluña. Ademais, poderían ir acompañadas de tormentas e saraiba miúda. Choverá de forma máis débil noutros puntos, coa probabilidade de precipitacións diminuíndo cara ao sueste.
A intrusión dunha masa de aire polar traerá un importante descenso dos termómetros, notable nas máxima do interior este.
A fin de semana volverá traer neve, a cota estará entre os 1.000-1-400 metros e nevará nos sistemas montañosos da metade norte, con espesores significativos na cordilleira Cantábrica occidental e o Pirineo oscense.
Ata o Domingo de Resurrección poderían acumularse máis de 40 centímetros en Pireneos e a cordilleira Cantábrica, entre 10 e 15 centímetros no centro e uns 5 centímetros no sueste.
As frontes atlánticas seguirán traendo precipitacións abundantes e frecuentes no noroeste e a fachada cantábrica, e menos probables en litorais mediterráneos e Baleares.
As temperaturas comezarían a ascender o domingo na metade occidental peninsular, xeneralizándose os ascensos o luns. Manteríanse os ventos de compoñente oeste aínda que con tendencia a amainar, excepto por algún refacho moi forte en litorais do Cantábrico e Alborán o domingo.
A semana do 21 ao 27 de abril comezará con choivas na metade norte e posibilidade de chuvascos en puntos do este peninsular. As temperaturas moveranse en valores propios destas datas. En Canarias agárdanse poucos cambios, con choivas débiles restrinxidas ao norte das illas.