Promocionarán a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle entre os escolares da zona

La Voz SANTIAGO

OROSO

FOTO SILVIA

Representantes da asociación de municipios do trazado viaxarán a unha conferencia internacional no País Vasco a próxima semana

01 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle promocionarase entre os escolares dos colexios dos municipios que atravesa na actualidade (Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda), con Santiago pendente de completar o tramo de 2,2 quilómetros desde a estación da Sionlla ás Pereiras, e próximo a adxudicar o tramo de 3 quilómetros ata Ramelle. Incídese deste xeito en fomentar o coñecemento da infraestrutura entre os potenciais usuarios máis próximos, achegándoos a comprobar as posibilidades de lecer que ofrece. En paralelo, continúan desenvolvéndose os talleres de envellecemento activo, que chegan este sábado á estación de Garga-Trasmonte, en Oroso.

O presidente do colectivo de municipios da Vía Verde, Álex Doval, indicou que a próxima semana viaxarán representantes da entidade a Abando (Biscaia) para participar na conferencia internacional de vías verdes, coñecendo sobre o terreo a vía dos Montes de Hierro.