A galería Trinta, en Santiago, celebra os seus 40 anos coa exposición «Pezas que nunca debín vender»
SANTIAGO
A mostra inaugúrase este xoves pola tarde
18 nov 2025 . Actualizado á 04:55 h.Xoves 20 • 19.30 horas • Galería Trinta • A galería Trinta, con Asunta Rodríguez á fronte, celebra as súas catro décadas cunha exposición especial que abrirá as súas portas este xoves. En «Pezas que nunca debín vender», Rodríguez rende homenaxe tanto aos artistas como aos clientes. Reúne obras «que me tivese gustado que fosen miñas», detalla a galerista. Tamén se publicará o libro «Como flota o aceite sobre a auga».
Durante estas catro décadas, Trinta organizou 288 exposicións e participou en 97 feiras nacionais e internacionais.