Outra noite de pelexas crispa aos veciños do Ensanche compostelán

SANTIAGO

Cedida

A disputa rexistrouse de madrugada na rúa Frei Rosendo Salvado

04 nov 2025 . Actualizado á 21:41 h.

A noite da véspera do Día de Todos os Santos, os veciños do Ensanche compostelán volveron a non conciliar o soño. Prevíase que fose unha noite de festas, pero derivou nunha de novas pelexas.

De madrugada na rúa Frei Rosendo Salvado rexistrouse unha nova pelexa, que veu crispar aínda máis o ambiente no barrio. 

A Asociación de Veciños Raigame denunciou esta nova pelexa, e anunciou que nos próximos días reuniranse coa comisaría de Santiago e o concelleiro de Segiridade Social, Xan Duro.