Mes de espectáculos, contos, exposicións e talleres na biblioteca Ánxel Casal de Santiago
SANTIAGO
Un espectáculo infantil, con Servando Barreiro, dará o pistoletazo de saída esta tarde (ás 18.00 horas) á programación de novembro no centro público
03 nov 2025 . Actualizado á 04:50 h.Un espectáculo infantil, con Servando Barreiro, dará o pistoletazo de saída esta tarde (ás 18.00 horas) á programación de novembro na biblioteca Ánxel Casal. Este mes o centro público de Santiago contará con varias propostas infantís: o 8, unha función de maxia e ciencia; o 13, un taller de creación de robots sostibles; o 15, un contacontos; o 20, un novo taller de Vermislab sobre ecocápsulas do futuro; o 22, a actuación musical de Magín Blanco; o 27, unha sesión de astronomía; e o 29, un contacontos sobre igualdade.
Para o público adulto hai tamén propostas: o 21, «Poesiacordes» con Francisco Castro; o 25, un taller de bordado de pezas; o 26, unha mañá poética sobre a obra de Tsvetanka Elénkova; e o 27, observación do ceo nocturno con telescopio.
Ademais, inaugurarase mañá a exposición (In)visibles e (ou)cultas.