Sanidade avala o protocolo do comedor escolar de Ventín

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

JUAN GRONDONA

Técnicos da Xunta confirmaron que as instalacións, o persoal e as prácticas alimentarias do servizo cumpren a normativa establecida

22 may 2024 . Actualizado á 05:05 h.

A inspección realizada pola Consellería de Sanidade no comedor escolar de Ventín (Ames) tras o brote de gastroenterite que a semana pasada afectou a un centenar de escolares, traballadores do servizo e a unha vintena de familiares dos primeiros contaxiados, concluíu que «tanto as instalacións, como o persoal, como as prácticas de actividade alimentaria, cumpren cos protocolos establecidos». En base a esta conclusión, e tras unha reunión previa con persoal e representantes de Ames, acordouse a continuidade do servizo.

O Concello está pendente desde a semana pasada das analíticas realizadas aos alimentos que formaban parte dos menús escolares e as mostras tomadas aos enfermos que acudiron a un centro sanitario.