A marca india pon en valor o seu modelo Classic 350 cunha edición limitada chamada Goan, en honra a unha das súas praias máis turísticas. É o acceso á gama, por un prezo de 5.287 euros.
09 abr 2026 . Actualizado á 12:48 h.A Royal Enfield Goan Classic 350 é un vehículo práctico e sinxelo, sen pretensións. Inspirada naquelas décadas nas que os hippies de Europa e América ían á India en busca da espiritualidade perdida, desde as súas cores á súa decoración evócannos a súa sintonía co ioga e a meditación.
Cun chasis recortado, estriberas adiantadas, guiador alto e un pequeno motor monocilíndrico de 349 cc e 20 cabalos de potencia, non é amiga das présas. Foxe de autoestradas e autovías e busca as rúas tranquilas ou as estradas secundarias, se pode ser ao bordo das praias. A caixa de cambios é de cinco velocidades e ir introducindo cada unha é o único traballo que terás coa Goan. Tampouco o chasis e as suspensións, con 41 mm diante e un dobre amortecedor traseiro son para que tombes nas rotondas. En cambio, os pneumáticos con perfil moi alto axudarante nas fochancas que xa temos incrustados na paisaxe española. Un disco en cada roda e un sistema de ABS conxunto axudan a parala.
O faro, de claro deseño retros, alberga na súa parte superior un velocímetro analóxico con agulla, ao gusto clásico, aínda que ten un pequeno display dixital para gasolina e cuentakilómetros. Iso si, sucumbiu a unha toma USB para o teléfono.
O asento monopraza pode complementarse cunha adaptación a segundo asento para o que o queira.
Desta Goan haberá moi poucas unidades dispoñibles na península, o que a converte nunha edición limitada, aínda que a súa personalidade a fai apetecible só para clientes moi particulares. Namasté.