O novo SUV compacto e eléctrico de Kia afía as súas garras cunha estética futurista e un interior minimalista e funcional que o poden converter nun éxito, e máis se miramos os prezos desde 22.995 euros para unha autonomía entre 436 e 605 quilómetros.
23 oct 2024 . Actualizado á 09:27 h.O EV3 chama a atención pola súa liña moi de coche eléctrico e futurista. Mide 4,30 metros de longo, por tanto é un SUV de tamaño compacto, con cinco prazas e 460 litros de capacidade no seu maleteiro.
Sobresae polas súas liñas puristas de carrocería, algo que se estende tamén ao seu interior, moi espazoso, onde destacan a elegante consola central de moita capacidade e a impresionante pantalla panorámica de case 76 centímetros de ancho dividida en tres partes: a esquerda para o cadro dixital de instrumentos; a central, máis pequena, para a aireación, e a máis grande no centro da consola, para o navegador e outras funcións do vehículo.
A nivel de grupo propulsor, o Kia EV3 dispón dun motor eléctrico de 150 kW, que equivalen a 204 cabalos, que á súa vez pode ir alimentado por dúas baterías distintas: a primeira, de carácter máis urbano, é de 58,3 kWh, mentres que a variante Long Range é de 81,4 kWh e con ela pode acadar unha autonomía de 605 quilómetros.
As prestacións do EV3 son máis que dignas para exporse traxectos interurbanos, cunha velocidade máxima de 170 km/h e unha aceleración de 0 a 100 km/h en só 7,5 segundos.
Kia mostra o seu nivel en condución eléctrica con este modelo, que pode á súa vez alimentar outros vehículos eléctricos como bicis, patinetes, ou grellas, computadores e cafeteiras eléctricas; ademais da tecnoloxía do freada rexenerativa i-Pedal, que permite que o condutor axuste o nivel de retención do motor. No seu nivel máximo permite conducir cun só pedal, xa que ao levantar o pé do acelerador o coche retén case ata deterse, ao mesmo tempo que recupera enerxía. A maiores, o EV3 pode levar chave dixital, desde o smartphone.
O prezo do EV3 en España comezará nos 22.995 euros, con descontos e Plan Moves incluídos.