O autor de dous goles do Celta ante o Dinamo de Zagreb destaca que sempre intenta «aceptar o rol que toque e sumar»
06 nov 2025 . Actualizado á 22:58 h.O dianteiro Pablo Durán, autor de dous dos tres goles do Celta ante o Dinamo Zagreb este xoves (0-3), comentaba tras o encontro que «marcar sempre é especial e en Europa, aínda máis». «Eu sempre fago as cousas o mellor que podo para ter o maior número de minutos posibles. En Levante tocoume axudar desde o banco e hoxe, saíndo de inicio. Hai que aceptar o rol que toque e sumar, é o que teño que facer», afirmou aos xornalistas tras o choque en Zagreb.
Nese sentido, afirma que está «contento» coa súa actuación no Stadion Maksimir de Zagreb, aínda que tamén é consciente de que non todos os partidos van ser tan positivos como leste. «Cando as cousas saen ben, non hai que estar eufórico, igual que tampouco hai que estar polo chan cando non saen», apuntaba o tomiñés, que pediu valorar o contundente triunfo logrado ante o Dinamo porque «hai moito traballo detrás, un plan de partido, unha idea e un modelo de xogo».
«Sabiamos que ía ser un partido moi complicado, cun rival moi forte e que perdera poucos partidos. Pero o equipo soubo levar o partido onde queriamos para poder conseguir a vitoria», engadía. Finalmente, ao ser peguntado acerce de se o Celta xa tiña medio billete para a seguinte fase, o dianteiro galego pediu seguir «cos pés no chan» porque aínda non saben cantos puntos van necesitar para entrar na seguinte fase.
En declaracións aos medios do club, Durán valoraba que fixeron «un partidazo a nivel colectivo» en incidía en su alegría por «poder axudar con goles, e amais dous», por lo que se siente «moi orgulloso e contento». Agradecido co celtismo, que é «motor e combustible» do persoal, xa pensa no partido ante o Barcelona. «Hai que traballar no domingo para tratar de conseguir os tres puntos», finalizaba.