Iván Villar: «Estou moi contento co meu traballo, pero a portería a cero é mérito de todos»
BANCADA DE RÍO
O porteiro do Celta non oculta tras o triunfo ante o Dinamo que lle gustaría ter máis minutos, pero respecta as decisións de Claudio Giráldez
06 nov 2025 . Actualizado á 22:27 h.O porteiro do Celta Iván Villar, titular ante o Dinamo Zagreb pola lesión do seu compañeiro Ionut Andrei Radu, non escondeu a súa satisfacción por lograr este xoves sou segunda portería a cero da tempada ante o conxunto croata, despois de conseguilo no partido de Copa do Rey ante o Porto de Vega. «Estou moi contento co meu traballo, pero a portería a cero é mérito de todos. Teño que felicitar ao equipo polo partido tan serio que fixo», indicou o gardameta do Celta, quen recoñeceu que lle gustaría ter «máis minutos» pero el respecta «todas as decisións» que tome o técnico Claudio Giráldez.
Subliña o cangués que o seu día a día é o mesmo, con indepdencia do rol que lle toque logo nos partidos. «Eu sempre adestro igual, tóqueme xogar ou non. Algunhas veces sairá así de ben, coa portería a cero e os tres puntos, pero a miña forma de preparar os partidos sempre é a mesma», asegurou. A pesar de que o seu equipo xa suma 9 puntos nas catro primeiras xornadas, o porteiro de Aldán non quere falar da seguinte fase da liga Europa: «No fútbol non se poida dar nada por feito, temos que ir partido a partido, ir aos poucos facendo o noso camiño».