Os 19 participantes que completaron a formación recolleron os seus diplomas o venres
13 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.A alcaldesa de Cariño, Ana M.ª López, e os seus homólogos de Cerdido, Alberto Rey; Mañón, Alfredo Dovale; e Ortigueira, Valentín Calvín, clausuraron o taller dual de emprego Terras do Ortegal II.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, acompañounos na entrega de diplomas aos 19 participantes que completaron a formación, que conseguen así o certificado de profesionalidade de nivel 2 en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Esta actividade formativa foi financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por case 412.000 euros.