«Sirât» e «Romaría», na carteleira deste outono nAs Pontes

LA VOZ AS PONTES

AS PONTES

CEDIDA

O Concello programa oito películas do trinque este mes

24 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O cine do trinque volve á Casa Dopeso, nAs Pontes, da man do Concello. O 4 e o 5 de outubro proxectaranse Os tipos malos 2 (17 horas) e Sirât, de Óliver Laxe, o sábado ás 19.30 e ás 22 e o domingo ás 19.30.

O 12 e o 13 exhibiranse Os Súpers Elfkins (17) e F1: A Película (o sábado ás 19 e 22 e o domingo, ás 19.30). Ponyo no Cantil chegará o 19 (18) e o 20 (17); e Materialistas, o 19 (19.30 e 22) e o 20 (19.30).

O público infantil gozará de Heidi: O rescate do lince o 26 e o 27 (17); e o adulto poderá asistir ao pase doutra das películas da tempada, Romaría, o 26 (19.30 e 22) e o 27 (19.30). En https://aspontes.sacatuentrada.es pódense adquirir as entradas por anticipado e na Casa Dopeso, unha hora antes.