Disfraces, polbo e churrasco no Entroido do Verán do luns na Gándara

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Entroido de Verán del año pasado
Entroido de Verán do ano pasado I. VALERIO

Haberá un desfile polo barrio, e o resto das actividades serán no centro cívico

15 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Entroido tamén se pode celebrar en pleno verán galego. E en Narón empeza a converterse en tradición, grazas ao Entroido do Verán que terá lugar o vindeiro luns no barrio da Gándara. Poderá gozarse no centro cívico social, organizado pola asociación sociocultural ASCM con apoio do Concello. E está aberto a todo o público, ao que se anima a acudir disfrazado.

Segundo Noemi González, técnico de ASCM, «unha das novidades deste ano é o apartado gastronómico». Ás 13.00 horas no centro cívico social haberá unha comida popular, a base de polbo, chourizos ou liscos. Os tiquets poderán comprarse o mesmo día.

E pola tarde celebraranse pintacaras, música e un pasacalles de disfraces ás 19.30 horas.