Taller de fotografía con móbiles este sábado nas Noites Novas

La Voz

A ESTRADA

23 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Estrada acollerá este sábado unha nova sesión das Noites Novas, promovidas polo Concello da Estrada para potenciar o lecer nocturno saudable entre os mozos de máis de 12 anos. Esta vez a actividade proposta é un taller de fotografía con móbiles no que se tocarán aspectos como a perspectiva, o enfoque ou os contidos. O taller, impartido por Anacos Educativos, é esencialmente práctico e de carácter gratuíto. Desenvolverase de 21.00 a 23.00 horas na segunda planta do Novo Mercado. Inscricións no 694 216 484. Máximo 25 persoas.