No segundo trimestre rexistráronse na zona 18 divorcios

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

18 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

No segundo trimestre deste ano rexistráronse na zona un total de 18 divorcios e ningunha separación. Destes 10 foron de mutuo acordo; 5 no partido xudicial da Estrada e outros tantos no de Lalín e 8 sen consenso entre as partes: 5 na Estrada e 3 en Lalín. O Lalín ditáronse dúas modificacións de medidas consensuadas e 10 sen acordo entre as partes: 7 na Estrada e 3 en Lalín, ademais de 7 medidas relacionadas con garda e custodia. Deste total, catro contaron co apoio das dúas partes, 3 na Estrada e 1 en Lalín e 3 foron sen consenso: 1 na Estrada e 2 en Lalín.

O total de rupturas matrimoniais é moi inferior ao rexistrado o pasado ano neste mesmo período No 2024 foron 37. Nos xulgados de Lalín e A Estrada tramitáronse ese número de divorcios —21 e 16 respectivamente— entre abril e xuño, cando foran só 22 —10 e 12— de xaneiro a marzo. Eran máis que no 2023 no que se contabilizaron 32. En cambio no terceiro trimestre do pasado ano, segundo os datos recolleitos polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o número de rupturas foi dun total de 20 na zona, unha cifra similar á do segundo trimestre deste ano.