Excursión cruceña a Combarro e a Illa de San Simón o día 14

La Voz

DEZA

02 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Vila de Cruzamentos promove o día 14 de setembro unha excursión a Combarro e á Illa de San Simón. Desde mañá e ata o 10 está aberto o prazo de inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais, podendo informarse os interesados no teléfono 986 582 017. A saída ese domingo está prevista ás 8.00 horas desde a Praza do Concello. Hai prazas limitadas para esta excursión.