O restaurante fisterrán O Fragón recibiu o selo Responsabilízate da Xunta
CARBALLO / LA VOZ
FISTERRA

O Goberno autonómico entregou onte este distintivo a 207 pemes
28 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.O restaurante fisterrán O Fragón foi unha das 207 pemes que onte recibiu o selo Responsabilízate da Xunta polo seu avance a favor dun modelo empresarial sostible nos campos social, ambiental e económico. É un programa co que as empresas reciben asesoramento e ferramentas para a transformación do seu modelo de negocio.