Media ducia de propostas para vivir este venres na Costa da Morte 

La Voz

CARBALLO

O exalcalde Ramón Vigo presenta hoxe en Cee a obra sobre a súa vivencia da operación Orquestra
Ou exalcalde Ramón Vigo presenta hoxe en Cee a obra sobre a súa vivencia dá operación Orquestra Ana García

Axenda | Libros ata por por partida triple, poesía ou divulgación súmanse a teatro e narración oral 

21 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Ademais das funcións teatrais ou contadas previstas hoxe en Malpica, A Laracha, Cee, Camariñas e Carballo, das que pode tomar nota aquí, ten todas estas outras propostas hoxe na Costa da Morte

Carballo • Concerto de Sumrrá • Recoñecido e premiado trío de jazz galego. Chega ao Pazo conmemorando os seus 25 anos, da man do Outono das Artes da Deputación. Ás 21.00 horas, con entrada de balde.

Cee • Presentación literaria • O exalcalde Ramón Vigo dá a coñecer hoxe ás 19.30 no auditorio Baldomero Cores o seu libro Una sinfonía desafinada, sobre a operación Orquestra. Con el estarán José Luís Jiménez e J. Luis Gutiérrez Aranguren.

Cerceda • Presentación literaria • No auditorio, ás 20.30, posta de longo de Silencios, fotolibro de Alberte Sánchez Regueiro. Inclúe mostra, música, lectura e tamén petiscos para rematar.

Malpica • Fallo de certame • Aínda que adiada a Cea das Letras, hoxe ás 19.00, no salón de plenos, coñecerase a obra premiada nesta edición do concurso de poesía erótica Illas Sisargas.

Ponteceso • Tarde de divulgación • Da man do colectivo Ponteceso Cultura Permanente, ás 18.30 na sede da Fundación Pondal, relatorio Inmunoterapia: as nosas defensas fronte ao cancro, con José Ramón Regueiro.

Corcubión • Presentación literaria • Ás 19.00, na biblioteca, O faiado das papoulas, obra de Baia Fernández.

Cee • 25N • Usuarios de APEM pintan zapatos en tributo ás mulleres asasinadas. Convocatoria aberta: 11.30, praza 8 de marzo.