Baio, un centro literario co ciclo «Follas de outono»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O Concello de Zas deseñou unha completa programación para as vindeiras semanas, do 4 de outubro ao 16 de novembro

29 sep 2025 . Actualizado a las 23:37 h.

Do 4 de outubro ao 16 de novembro • Durante algo máis dun mes, o Concello de Zas fará de Baio un centro literario, e farao a través do ciclo Follas de outono: «A cultura é un ben necesario que nos conecta como sociedade, axúdanos a xestionar emocións e a fortalecer o tecido social e económico», apunta o alcalde, Manuel Muíño. Todas as propostas, nove e con moita aposta polo talento local, serán de acceso gratuíto.

  • Sábado 4 de outubro. Ás 18.00, no auditorio de Baio, presentación do libro Badius: historia dun grupo de teatro afeccionado (1984-2024), escrito por Ricardo Vigueret. Acompañarao Manuel Muíño.
  • 17 de outubro. No Día do Patrimonio Inmaterial, contacontos Cantareiras, de Polo correo no vento, no colexio de Zas.
  • 18 de outubro. Presentación de Detective Ferruchi, de Marta Villar, Premio Xerais de Novela. Ás 18.00, no auditorio baiés, acompañada de Muíño e o xornalista baiés Xurxo Sánchez.
  • 24 de outubro. Migallas Teatro visita o Labarta Pose con Pegadas de Castelao. Conmemoráse o Día das Bibliotecas.
  • 26 de outubro. No auditorio baiés, a ceense María Lado presenta o seu libro Canta miña compañeira: o legado das cantareiras (18.00). Logo, alumnado do Labarta representará a peza teatral Cantareiras.
  • 30 de outubro. Amorodio Teatro irá a o IES Maximino Romero de Lema con Brazaletes.
  • 10 de novembro. Encontro coas letras, dentro do proxecto de fomento da lectura da Deputación. Auditorio, 16.30 horas.
  • 16 de novembro. Cantareiras: tradición e legado. Acto central deste programa que lle rende tributo ás cantareiras e poesía oral, homenaxeadas nas Letras Galegas 2025. Conversa e música —18.00 horas, auditorio— con presenza de Fina Casalderrey, numeraria da RAG, e os distintos grupos de cantareiras da asociación Adro, con máis de 40 anos de traxectoria. Presentan Álex Insua, mestre en Adro, e Patricia Blanco, xornalista con raíces paternas en Zas.