A Festa do Viño de Meaño reunirá a 22 bodegas e 20 confrarías e contará con Louzán para o pregón
MEAÑO

Celebrarase do 18 ao 20 de xullo e inclúe gastronomía e numerosas actuacións musicais
22 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Meaño prepárase para a XXIV Festa do Viño que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xullo na que este ano participarán 22 adegas, todas do municipio. A carpa de exposición e degustación dos viños instalarase na Praza do Concello onde, ademais de viño, haberá unha variada oferta de gastronomía e música.
A apertura dos postos será o venres 18 de xullo ás oito datar para, a continuación, dar paso ao concerto da Banda Unión Musical de Meaño e actuación de Antonio Barros e Lys Pardo a partir das nove. A orquestra Playerso DJ Paco Vulcano porán o broche á xornada.
O sábado terá lugar o acto recibimento ás 20 confrarías de viños e gastronomía procedentes de Francia, Portugal, Canarias, País Vasco, Cantabria e Asturias que foron invitadas para participar na presente edición da festa, entre elas, como novidade, a Cofradía del Bonito del Norte de Colindres que anuncia que levará a Meaño unha marmita de bonito. Pola tarde-noite actuarán a charanga O.T, o grupo A Roda, a orquestra Oca Band e o DJ Quico

A axenda do domingo empezará ás 11 horas coa celebración dos actos do IV Capítulo de Cofrarías, irmanamentos e nomeamento de novos cabaleiros e damas: José Barreiro Besada, María Meis Sanmartín, María Luisa Sanmartín Muñiz, José Manuel Arosa Rosal, Gloria Padín Dopazo, Maite Galiñanes Riveiro, Carlos Riveiro García e Mónica de la Fuente Blanco. Ás 12.30 horas sairá desde o Pazo de Lis o desfile das autoridades, adegueiros e confrarías lucindo as súas vistosas vestimentas; a continuación procederase á lectura do pregón que este ano corre a cargo do presidente Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, un home que coñece ben Meaño tendo en conta que é natural de Ribadumia e forxou a súa carreira política no Salnés.
Ás 14 horas está prevista a actuación de Amigos do Acordeón Rías Baixas para dar paso, despois, á comida de confraternidade, Pola tarde, ás oito, actuará a charanga Alambique e broche musical correrá por conta do grupo América.