Efectivos de Viaqua e do Seprona recolleron mostras no punto
24 nov 2025 . Actualizado á 20:05 h.O 112 Galicia recibiu aviso na mañá de onte dun posible novo vertido no río Lexoso, en Ribadeo.
O alertante, que chamou ao redor das dez da mañá, aseguraba que había mal cheiro nunha zona do río próxima a Remourelle, e á estrada que conecta Vilamar e Reme. Foron informados Bombeiros de Barreiros, Protección Civil e Policía Local.
Os bombeiros achegáronse ao momento pero non foi necesaria a súa actuación. Efectivos de Viaqua e do Seprona recolleron mostras no punto.