
As competicións superarán os 200 atletas participantes
04 sep 2025 . Actualizado á 13:48 h.«Lourenzá volverá ser o epicentro das carreiras máis rápidas de Galicia», presumen desde un pequeno municipio mariñán que volve recibir unha das grandes citas da Federación Galega de Atletismo. Este sábado 6 de setembro serán os anfitrións do XVI Campionato de Galicia de milla en ruta e Campionato Galego de 1.000 metros para menores.
«Ou espectáculo está garantido», aseguran desde a organización, a cargo do Concello, as Escolas Deportivas Madeiras Barcia Lourenzá Cervo e a propia federación. A competición desenvolverase a partir das 16.30 horas do sábado, en paralelo coa VIII Milla Popular Urbana Fin de Etapa Camiño Norte. Para esta proba están abertas as inscricións na web www.carreirasgalegas.gal.
A cita presentouse coa presenza da alcaldesa laurentina, Rocío López; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, Cadramón; e o presidente e vicepresidente das Escolas Deportivas, Pablo Maseda e Miguel Gavín.
As competicións superarán os 200 participantes. Hai 194 atletas federados apuntados aos campionatos galego e outros 31 competirán na milla popular.