Torres Feijó, Premio da Cátedra do Camiño

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

RAFA MILLEIROS

Gaón co seu libro «Bem-estar comunitario e visitantes através do Caminho em Santiago»

07 jun 2020 . Actualizado ás 00:03 h.

Elías J. Torres Feijó é o gañador da terceira edición do Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago polo seu libro Bem-estar comunitario e visitantes através do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade (Santiago, Andavira). O xurado deste premio outorgado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións destaca que se trata dun «estudo notorio e novo» do impacto do Camiño na poboación da cidade e apunta ao concepto de «caminización» da súa identidade.