O dispositivo apóiase en datos meteorolóxicos para previr as crecidas do arroio de San Miguel de acordo coas precipitacións rexistradas e non require mantementos
O presuposto base de licitación para esta obra no peirao de Raíces ascende a máis de 2 millóns de euros e ten un prazo de execución de tres anos prorrogables por outros dous
Ambos os traballos, vinculados á innovación e a sustentabilidade nos ámbitos da formación e a tecnoloxía dixital, serán presentados o próximo 18 de outubro na sede da multinacional en Bad Pyrmont, en Alemaña
A marca xaponesa revolucionou o mercado dos SUV compactos co C-HR no 2016. Agora anuncia xa como será a nova xeración que sairá á venda no 2024 coa inclusión dun híbrido enchufable
Estenden o seu acordo de colaboración ata o 2024 e, tras o éxito en Ecuador, pretenden implantar as técnicas de Acuicultura 4.0 ás plantas de Guatemala e Nicaragua
Cinco dos feridos seguen ingresados no hospital, entre eles un neno de 14 anos. O automóbil que provocou o accidente estaba ocupado polo histórico do contrabando de tabaco Falconetti e a súa muller, que era quen conducía
Tres de cada dez fogares contan en España cun electrodoméstico intelixente. Os galegos son os máis dispostos a sumarse á era da internet das cousas e controlar os aparellos a través dunha aplicación, segundo un estudo. Hai motivos de peso, o primeiro, nun contexto de altos prezos da enerxía, é o aforro