Tráfico xa abriu a autovía, aínda que tivo que embolsar os vehículos pesados en áreas de servizo da autovía entre O Corgo e Vega de Valcarce ante a nevada caída na montaña
A autovía do Noroeste chegou a estar cortada por completo ao seu paso por Pedrafita a pesar do traballo das quitaneves. Varios condutores víronse atrapados pola neve nas provincias de Lugo e Ourense
Os vehículos de gran tonelaxe tiveron que circular pola estrada nacional, pasando por Pedrafita, entre os quilómetros 432 e 435. Pasadas as dúas da tarde permitíuselles volver á autovía con precaución
O trazado da autovía ao seu paso por Pedrafita, Becerreá ou Baralla provocou serios contratempos a decenas de condutores nas últimas semanas. O responsable dun guindastre di que o pavimento «está desfeito»