TEMA Opel

Últimos artigos publicados

13 ene 2019

Así serán os Opel do futuro

O Opel GT X Experimental, un SUV de 4 metros con motor eléctrico, mostra todas as claves de como serán os modelos de Opel nos próximos anos. Desde solucións estéticas ata deseño de interiores, electrificación e por suposto conectividade que cambiará por completo a marca, agora no seo do grupo PSA.

Juan Ares

14 oct 2018

Un coche para gozalo

O novo Opel Combo, na súa versión Life de pasaxeiros, beneficiouse das sinerxías do grupo PSA para herdar a plataforma MQB e fabricarse en Vigo. Iso supón pasar dunha furgoneta derivada, como era antes, a un coche que pode estar a medio camiño dun monovolume ou un SUV, con grandes potencialidades para o lecer e o tempo libre.

Juan Ares

09 sep 2018

Utilitario, áxil e deportivo

O Corsa é o modelo urbano da marca integrada agora no grupo PSA e entre toda a gama deste utilitario destaca o GSi. É o modelo máis potente, cun motor de 150 cabalos, acompañado dun áxil chasis opc e unha estética moi agresiva. Porase á venda cun prezo que parte de 21.500 euros.

Juan Ares

20 may 2018

O primeiro Opel fabricado en Galicia

O próximo mes de setembro Opel porá á venda o Combo Life, un vehículo que se converterá no primeiro Opel que se fabrique en chan galego. Será no centro de produción de PSA en Vigo e exportarase a todo o mundo.

Juan Torrón

08 oct 2017

Grandland X, Opel aposta ao SUV

No Salón de Frankfurt Opel mostrou o seu terceiro membro da familia X. Ao Crossland e ao Mokka súmaselle a partir deste mesmo mes o Grandland X, que como o seu propio nome indica vén competir no difícil segmento dos recreacionais de catro metros e medio.

Juan Torrón

08 oct 2017

Unha berlina con moita vista

A anterior versión do Opel Insignia supuxo un salto de calidade importante respecto ao modelo precedente, o Vectra, e a marca alemá deu este ano un paso máis que achégao ao segmento «premium». A novo Insignia Grand Sport rivaliza, por confort de marcha e comportamento, coas grandes berlinas alemás. E dispón de elementos moi avanzados como os faros matriciais.

Javier Armesto

09 abr 2017

Unha berlina «premium» para Opel

Un dos lanzamentos máis agardados do ano é este Opel Insignia que chegará aos concesionarios a partir do mes de xuño na súa segunda xeración, con silueta berlina e tamén en familiar e un aspecto moito máis premium que o anterior modelo. Os seus prezos de partida roldarán os 28.000 euros, sen incluír campañas promocionais.

Juan Ares