Así che contamos a derrota do Deportivo ante o Granada (2-3)

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

Os de Óscar Gilsanz volven tropezar en Riazor, no día das penas

17 may 2025 . Actualizado á 18:14 h.
97'
Final en Riazor

Derrota do Dépor en Riazor ante o Granada (2-3)

96'
Vermello a Barbeiro

Por chamarlle moi malo ao colexiado

95'
Córner para o Granada

A piques de rematar o partido en Riazor

94'
Cartón amarelo

A Jozwiak, por unha falta a Patiño

93'
Apreta o Dépor

Dous minutos para o final. Os de Gilsanz, en busca do empate

91'
Cinco minutos de desconto

Quedan catro para o final

91'
Gooooooool do Dépor

Anotou Yeremay o penalti ao panenka

89'
Penalti a favor do Deportivo

A Yeremay. Traboulle Ricard Sánchez

86'
Disparo desviado de Lucas Boyé

Buscaba o cuarto do Granada o ariete arxentino 

85'
Cinco minutos para chegar ao 90

O Dépor non se rende para buscar o segundo que o achegue no marcador

81'
Parada de Germán

Ao disparo de Boyé. Saque de esquina para os visitantes

79'
Dobre cambio no Granada

Marcha Tsitaishvili e Carlos Neva por Sergio Rodelas e Brau

78'
Xerro de auga fría

O tanto do Granada na xogada seguinte ao gol de Barbeiro para a parroquia branquiazul

76'
Atrapa Mariño

O centro lateral desde a banda dereita

74'
Cambio no Dépor

Entra Yeremay, entre aplausos, por Diego Gómez

73'
Gol do Granada

Na xogada seguinte, o Granada anota o terceiro. Centro de Neva desde a esquerda e anota Trigueros a portería baleira

71'
Goooooool do Dépor

Barbeiro rouboulle o balón a Mariño e anota a portería baleira o dianteiro branquiazul

70'
Dobre cambio no Granada

Entra Hongla e Ricard Sánchez por Sergio Ruiz e Rubén Sánchez

69'
Ao palooo Escudero

Zapatazo de Sergio Escudero desde 25 metros que marcha á cruceta. A punto estivo de marcar un golazo o lateral do Dépor

68'
Falta perigosa a favor do Dépor

Os de Gilsanz buscan o tanto que os achegue no marcador

67'
Cambio no Dépor

Marcha Cristian Herrera e entra Iván Barbero

66'
Mal control de Trigueros

Que lle impediu definir diante de Parreño

64'
Cartón amarelo a Patiño

Por cortar un contrataque, por unha falta sobre Trigueros

62'
Cambio no Dépor

Entra Sergio Escudero por Rafa Obrador

61'
Moi valente Mariño

Volveu facerlle un recorte ao dianteiro do Dépor

58'
Cambio no Granada

Entra Jozwiak por Rebbach

57'
Que paradón de Mariño

A disparo a pelacorpo de Hugo Rama. Córner para o Dépor

56'
A Selecta espera replegado

Para facer dano ao contrataque

53'
Xogadores a quentar

Quentan na banda de Riazor Escudero, Pablo Martínez, Denis Genreau, Iván Barbero e Mohamed Bouldini

52'
Disparo bloqueado de Diego Gómez

A pase de Zakaria no lateral da área

51'
Fóra de xogo de Zakaria

Forzase o córner o neerlandés, pero levantou o banderín o linier

49'
Sae máis dominador o Dépor

Busca mellorar as prestacións ofrecidas na primeira parte

45'
Empeza a segunda parte en Riazor

Pon o esférico en xogo o conxunto local

45'
Dobre cambio no Dépor

Entran Charlie Patiño e Hugo Rama e marchan Mario Soriano e Mfulu.

49'
Descanso en Riazor

Grande enfado da parroquia deportivista pola xogada que precedeu ao primeiro tanto do Granada. Penalti moi claro a Vilares

48'
Moi seguro Mariño

Centro de Obradoiro que atrapou sen problema o porteiro vigués do Granada

46'
Parreño, impecable

Está a ser o mellor do Dépor na primeira parte, a pesar de encaixar os dous tantos. Moi rápido para evitar o terceiro

45'
Córner para o Dépor

Catro minutos de engadido na primeira parte

44'
Sangue frío de Mariño
42'
Dificultades do Dépor coa pelota

Poucas combinacións no centro do campo nesta primeira parte. Nótase moito que o conxunto nazarí xoga máis na clasificación que o conxunto coruñés

38'
Quenta Hugo Rama

Con moitos aplausos cara ao xogador por parte da parroquia deportivista

36'
Gol anulado a Diego Gómez

Por fóra de xogo de Zakaria, xusto antes de darlle o pase ao canteirán do Dépor

35'
Córner para o Dépor

Atrapou Diego Mariño no centro posto por Mario Soriano. Moi pouca cousa dos de Gilsanz na primeira parte

34'
Outro paradón de Parreño

A Rebbach cando parecía que sería o terceiro

34'
Boa parada de Parreño

Ao disparo coa zurda de Tsitaishvili, pero a xogada estaba invalidada por fóra de xogo

32'
Arriscou moito Mariño

Facéndolle un recorte a Diego Gómez

32'
Sobe as liñas de presión o Dépor

Os de Gilsanz buscan presionar un pouco máis arriba en busca do gol que recorte distancias no conxunto branquiazul

28'
Gol do Granada

Indecisión entre Pablo Vázquez e Parreño que aproveita Tsitaishvili para anotar o segundo do Granada a portería baleira cunha vaselina

26'
A primeira ocasión do Dépor

Disparo de Diego Gómez desde o chan que roza a escuadra que defende Mariño

25'
Chegada de Zakaria

Centro do neerlandés que tapa Manu Lama dentro da área

23'
Ocasión do Granada

Disparo cruzado coa zurda de Lucas Boyé que marcha cruzado 

19'
Moi cómodo o Granada en Riazor

Coa chegada de Pacheta, o conxunto nazarí busca ser dominador co esférico e estao sendo en Riazor. poucas chegadas en ataque dos de Gilsanz

17'
Atrapa Germán

O centro lateral do Granada. Moi tocado o Dépor tras en tanto encaixado

15'
Córner a favor do Granada

Chegou moi atento Germán para que non definise no man a man Rebbach

13'
Riazor estala ante a xogada

Pitada monumental ao colexiado por non ver ese claro penalti a Vilares, na xogada anterior ao gol nazarí

11'
O árbitro dá gol

Non considera penalti a Diego Vilares, aínda que parecía bastante claro o agarrón

9'
Gol do Granada

Disparo cruzado de Rebbach que bate a Germán. Na xogada previa o Deportivo pedía penalti a Vilares

8'
Moi atento Pablo Vázquez

Para cortar a progresión de Tsitaishvili dentro da área

6'
Falta de Gonzalo Villar

Sobre Diego Gómez no centro do campo. Bo roubo do canteirán branquiazul

4'
Primeiros minutos sen dominio

Moito centrocampismo nos primeiros minutos do encontro

3'
Así cantou Riazor o himno galego
2'
Entran as asistencias médicas

Por un choque de cabeza entre Diego Gómez e Williams

0'
Empeza o partido en Riazor

Primeira posesión para o conxunto visitante

Previa
Vídeo dos tifos
Previa
Saltan os protagonistas

A piques de arrincar o partido en Riazor

Previa
Soa o himno galego en Riazor

Polo día das letras galegas

Previa
Vos Nosos na megafonía
Previa
Mosaico en Riazor

Espectacular o mosaico que se desprega en Riazor onde pon Non ou nesqueceremos na vida facendo mención ao título de Liga

Previa
Dez minutos para que arrinque o partido

Os dous equipos ultiman os seus exercicios de quecemento

Previa
Resumo do día das penas antes do partido
Previa
Salta a quentar o Dépor
Previa
Parreño regresa á portería e Yeremay espera no banco

Gilsanz sorprende co regreso de Parreño á portería.

Germán; Petxarromán, Pablo Vázquez, Jaime, Obradoiro; Mfulu, Vilares; Diego Gómez, Mario Soriano, Cristian Herrera e Zakaria.

 

Previa
Espectacular aspecto o de Riazor
Previa
Mosaico e himno galego

O Deportivo solicita aos seus afeccionados que entren pronto a Riazor para facer un mosaico e cantar o himno galego na previa do encontro.

Previa
Catro cambios no once do Granada

Pacheta introduce catro cambios no seu debut no banco nazarí. Entran Manu Lama, Carlos Neva, Rebbach e Tsitaishvili por Brau, Rubio, Hongla e Borja Bastón.

Previa
Once do Granada

Mariño; Rubén Sánchez, Williams, Manu Lama, Carlos Neva; Rebbach, Sergio Ruiz, Trigueros, Gonzalo Villar, Tsitaishvili e Lucas Boyé.

Previa
Grande ambiente no día das Penas
Previa
Chegada dos xogadores do Dépor
Previa
Donato, nos arredores de Riazor
Previa
Reevivir a liga do 2000

O Dépor revive a liga do 2000 cunha escultura do gol de Donato

«Sempre estarei agradecido a este club e a esta afección», dixo o exxogador durante o primeiro acto de conmemoración do 25 aniversario do título

Previa
Camiseta conmemorativa

O Deportivo saca á venda unha camiseta de edición limitada conmemorativa do título

As novas elásticas están fabricadas en base dourada, pescozo tipo polo cor azul mariño, e a de manga longa conta con puños

Previa
Día das penas

Xornada festiva previa ao Dépor-Selecta co día das penas e actuacións musicais

Desde as doce da mañá haberá festa nos arredores do estadio de Riazor, con comida e diferentes actuacións na rúa Almirante Cadarso

Previa
O Fabril, a pola final do playoff de ascenso

O Fabril, obrigado a gañar ao UCAM Murcia para pasar de rolda

«Agardo un partido competido. O que temos que facer é estar vivos durante todo o encontro», matizou Manuel Pablo na rolda de prensa

Previa
Declaracións Ines Rey en Radio Voz

Inés Rey, sobre a entrevista de Benassi: «Non vou entrar a rebater insultos e descualificacións»

A alcaldesa evitou contestar o conselleiro delegado do Deportivo, que acusou o goberno local de mentir e sinalou que os cidadáns están «cansos do ruído»

Previa
25 anos do título de liga

O cabezazo que quitou a pena do deportivismo

Este luns cúmprese o 25 aniversario da única Liga que gañou o Deportivo grazas aos goles de Donato e Makaay ante o Espanyol

Previa
Conflito Concello e Deportivo

Gonzalo Castro, sobre as acusacións de Massimo Benassi: «É moi grave que se nos acuse de mentir»

O concelleiro coruñés de Cultura e Turismo sae en defensa da actuación do Concello da Coruña respecto ao concerto programado no estadio de Riazor e acusa o conselleiro delegado do Deportivo de «falla de perspectiva absoluta do que é esta cidade»

Previa
Segunda parte da entrevista con Benassi

Massimo Benassi: «Non imos seguir aceptando as mentiras do goberno local»

Denuncia que fixar un concerto en datas de competición viola o convenio do estadio, e alerta do custo e o tempo que implican o cambio de céspede

Previa
Parte 1 da entrevista con Massimo Benassi

Massimo Benassi: «Contamos con Yeremay e Mella, e non imos negociar con ninguén»

Pon un notable ao regreso a Segundo, ratifica a Fernando Soriano e indica que falan con Gilsanz para analizar todo o escenario futuro

Previa
Declaracións en rolda de prensa de Zakaria

Óscar Gilsanz: «Ou título de Liga fixo eterno ao Deportivo»

O adestrador do equipo coruñés lembra que estaba no estadio aquel 19 de maio do 2000: «En Betanzos se celebrou tódolas fins de semanas ata a seguinte tempada»

Previa
Declaracións de Zakaria

Zakaria Eddahchouri: «Os goles non son o máis importante, pero estou satisfeito cos que levo»

O dianteiro, autor de catro tantos desde a súa chegada no inverno, afirma que en Riazor séntese máis arroupado e con máis enerxía

Previa
Entrevista con Beira Martínez

Beira Martínez: «Con este vestiario todo é máis doado, miras á de ao lado e confías nela, sexa quen sexa. Sabía que o iamos a conseguir»

«O rol que tiven era algo que non me agardaba. Viña con ganas de dalo todo, deixar a miña versión no campo e que, a partir de aí, decidisen», di a futbolista do Dépor, que o xogou todo

Previa
Unha ex do Dépor Abanca ten novo banco

Irene Ferreras, nova adestradora do Granada Feminino

A madrileña atopábase sen equipo despois de que o Dépor Abanca destituísea o pasado mes de novembro

 

Previa
Oportunidade para Mfulu

Mfulu, o salto que falta ao Deportivo

O francés, que apenas mostrou o seu fútbol esta tempada, aspira a dotar de cemento e seguridade co balón o mediocampo branquiazul

Previa
Yeremay non se baixa do barco

Yeremay deixa atrás as súas molestias e apúntase ao Deportivo-Selecta

Será o cuarto xogador branquiazul que acada os 3.000 minutos de Liga mentres busca seguir aumentando os 14 goles que acumula

Previa
Declaracións de Diego Gómez

Diego Gómez: «Teño cero gañas de vacacións, ogallá durase máis a Liga»

O canteirán do Deportivo, que se nota fresco fisicamente, quere agradecer con goles e pases decisivos a confianza que Gilsanz está a brindar

Boas tardes a todos! O Deportivo recibe na antepenúltima xornada de liga en Riazor ao Granada, un conxunto que estrea adestrador (Pacheta) e que busca meterse no playoff de ascenso a Primeira División. O conxunto nazarí está a tres puntos do Almería, sexto clasificado.

Pola súa banda, os de Gilsanz buscarán obter a segunda vitoria consecutiva como local, nunha festa para todos os deportivistas, xa que se celebra no día de hoxe o Día das Penas.