
O canteirán do Deportivo, que se nota fresco fisicamente, quere agradecer con goles e pases decisivos a confianza que Gilsanz está a brindar
16 may 2025 . Actualizado á 10:03 h.Diego Gómez ten fame. Ao canteirán, que regresou ao Deportivo no mercado de inverno despois de que xogase a primeira metade do campionato nas filas do Arenteiro en Primeira Federación, gustaríalle que a liga non afrontase a súa catro xornada finais, senón que quedase moita máis competición. «Teño cero gañas de vacacións, ogallá durase máis a Liga. Agora incluso me noto máis fresco que cando viñen e físicamente me atopo ben», afirmou antes do adestramento deste mércores.
O polivalente mediapunta, con contrato como branquiazul ata o 2030, subliñou que quedan compromisos interesantes por abordar. «Os partidos que quedan son bonitos: o sábado o Granada, o Zaragoza, que é un mitico... Son partidos moi chulos para xogar e ver. E o Deportivo vai ir ao maximo e a polos tres puntos en todos eles», afirmou o futbolista ourensán, nado hai 20 anos en Amoeiro.
Diego Gómez, que recoñeceu que lle custou adaptarse na súa primeira etapa como xogador do persoal principal do club, explicou que está a xogar con máis confianza no seu fútbol. «Vir de xogar nun equipo de Primera Federación a un Dépor que é un transatlántico costa ao principio, pero coa axuda do psicólogo puideno levar ben e agora xa vai todo mellor», sinalou antes de engadir que está a xogar con máis seguridade en si mesmo: «O que noto que mellorei é no máis importante, que é a confianza. Estou xogando bastante, voume soltando e dame igual perder a pelota en accións decisivas, porque noto a millora na confianza».