Volve o chándal de Adidas e leva con tacóns

YES

«UN RESPECTO POLO CHÁNDAL», DI CHENOA Compartirás con ela pensamento este 2024: volve o mítico modelo de franxa branca de Adidas e, ademais, combinaralo co zapato menos inesperado

20 feb 2024 . Actualizado á 11:28 h.

Chámase Firebird e é un dos modelos máis icónicos da moda deportiva. O chándal de Adidas das tres raias laterais, ese co que a xeración millennial bailou ata cansarse nos noventa a coreografía de Wannabe das Spice Girls, está a vivir unha segunda mocidade.

O «piji chándal», segundo a definición de Ruslana, de OT, está de volta e as fashionistas decidiron combinalo rompendo protocolos: o chándal leva con tacóns, botíns, merceditas ou bailarinas. Con calquera calzado menos cunhas zapatillas de deporte. O modelo máis coñecido da marca de deporte tamén tivo unha aparición estelar estes días na Super Bowl. No palco de Taylor Swift, raíña das raíñas pop, a cantante deuno todo da man da súa amiga Blake Lively. Toda a noite da Super Bowl foi unha sorprendente pasarela de moda para todos os famosos que non se perderon a cita, e Lively elixiu un cómodo, e moi en tendencia, chándal vermello de Adidas.

MIKE BLAKE | REUTERS

Non é moi difícil rebuscar no armario de calquera fogar e atopar un pantalón de goma coas súas tres raias brancas laterais. O Firebird merece un respecto: foi o favorito de cantantes como Madonna, nos 90. Tamén forma parte dun dos looks máis lembrados de Ben Stiller no seu papel de Chas Thenenbaum na película The Royal Tenenbaums, de Wes Anderson. Parafraseando á tamén resucitada Chenoa: «Un respecto polo chándal».